viernes, 17 de junio de 2011

UN DÍA NO ZOO


O pasado Xoves 16 de Xuño estivemos no Zoo de A Madroa. Vimos moitos animais: arañas, serpentes osos, ocas, tigres, leóns, cervos, monos,...
       Pasámolo Xenial!!

viernes, 20 de mayo de 2011

UNS AMIGOS INESPERADOS


O pasado venres dia 20 de maio ata Infantil chegaron uns amigos inesperados...adiviñades quen son??
Trátase dos nenos e nenas de 2º A do cole que nos ensinaron as suas mascotas de aula: GUSANOS DE SEDA.

jueves, 19 de mayo de 2011

CONVIVENCIA NO CENTRO


 O xoves 19 de Maio celebramos no noso centro a V Xuntanza de Educación Infantil, onde tivemos a oportunidade de compartir moitas actividades con nenos e nenas de outros centros.
Foi un día moi especial !!!   Mirade cantas cousas fixemos ...

lunes, 25 de abril de 2011

DÍA DA ÁRBORE


En conmemoración do Día da Ärbore, 23 de abril;  os pequenos e pequenas do colexio plantamos varias "encinas" no  patio... agora,  tan so temos que coidalas para que medren !!

jueves, 14 de abril de 2011

COÑECEDES AOS NARIGUDOS?.....

  
 Dende o Equipo de Normalización   Lingüístíca  convidáronnos a descubrir a TANXARINA.
Trátase dunha compañía de títeres galega ,que conta con varias obras no seu repertorio . A que máis nos chamou a atención cando nos propuxemos buscar información sobre ela, foi a obra " OS NARIGUDOS"   que como podedes comprobar , os seus personaxes teñen unha forma característica no seu nariz.

viernes, 25 de marzo de 2011

CONTACONTOS


O día 25 de Marzo tivemos unha sesión de contacontos na sala de audiovisuais do noso centro.
Tivemos unha visita moi especial que veu cargada de historias para contarnos.
Aquí vos deixamos unha mostra do atentos que estivemos e o ben  que o pasamos...